Sunday 05 de May de 2024

O Castelo de Vimianzo acolle a presentación do libro ‘O Tesouro de Brando’, de Manuel Regueiro


Ao acto acudiron a alcaldesa, Mónica Rodríguez; a concelleira de Cultura, Rosa Blanco; o autor, Manuel Regueiro y González Barros; Juan Ramón Vidal-Romaní e Julia Ures Villar.
O Castelo de Vimianzo acolleu esta mañá a presentación do libro ‘O Tesouro de Brando’, de Manuel Regueiro. Ao acto acudiron a alcaldesa, Mónica Rodríguez; a concelleira de Cultura, Rosa Blanco; o propio autor, Manuel Regueiro y González Barros; Juan Ramón Vidal-Romaní e Julia Ures Villar.
A obra contén unha visión que vai desde o mundo perdido do Neolítico ata a interpretación da vida cotiá realizada por unha arqueóloga moderna, que estuda os seus restos e obras e descubre cousas sorprendentes e que o lector xamáis imaxinaría, como o porque de como esculpían os petróglifos, os seus ritos e relacións persoais ou historias de amor odio.
A alcaldesa, Mónica Rodríguez, quixo agradecer ás persoas asistentes ‘a súa asistencia neste marabilloso enclave como o Castelo de Vimianzo, símbolo do que fumos e do que somos. Seguiremos traballando por continuar acollendo este tipo de actos, de ampla relevancia cultural e que supoñen unha riqueza tremenda para todas e todos nós’, subliñou.